8 de jan. de 2009

O Estado de Dereito segundo Mar Barcón

Mar Barcón está en forma. A secretaria de Organización do PSdeG-PSOE é quen de citar o nome de Touriño case unha vez por minuto, segundo está a amosar nos seus discursos por Galicia adiante. E iso no PSdeG actual é un gran mérito. Da igual que se trate de avaliar a mensaxe de Noiteboa do Rei de España ou se tivera que falar na festa da Androlla de Navia de Suarna. Barcón sempre levará a auga o muíño de Touriño.

Hoxe deu un paso máis, coa súa revisión do Estado de Dereito. Non fai falla cambiar a lei e implantar o voto en urna. Con Touriño, que “devolveu a dignidade á cidadanía do exterior”, a limpeza está asegurada. Da igual que o sistema permita facer pucheirazos. É un problema do pasado, os tempos dos gobernantes impuros:
La secretaria de organización declaró que si el Gobierno de Manuel Fraga, en el que también estaba Alberto Núñez Feijóo, "no hubiera manipulado el voto emigrante no habría las dudas sobre la campaña que hay ahora". Insistió en que es el PPdeG el único responsable de que se ponga en cuestión todo aquello relativo al voto y a las campañas realizadas en el exterior. "Fueron ellos los que manipularon, y son ellos los responsables de todas las sombras y de todas las dudas", agregó.

Non hai voto en urna, nin ningunha outra medida para garantir que quen vota sexa o elector, pero está Touriño, ven dicir Barcón, para quen semellan moi antigos e desfasados os controis democráticos que, con razón, o seu partido reivindicou durante tantos anos para o voto exterior.

Nenhum comentário: